Dende o seu nacemento, a asociación traballa fortemente por defender a cultura galega, non só a través do folclore, senón realizando múltiples actos culturais abertos aos socios e amigos da entidade como son:

  • Cursos de galego
  • Cursos de teatro
  • Cursos de costura
  • Excursións e convivencias
  • Concursos (de filloas, fotografía e literatura)
  • Conferencias

Dentro da sociedade é peza fundamental o seu grupo artístico “Irmandade Galega”. Nace no ano 1980 e xa en 1981 o grupo comeza a realizar pequenas aparicións en diferentes actos locais de Rubí ampliando moi pronto o seu círculo de actuacións a outras vilas de Cataluña. No ano 1986 viaxa a Galicia e actúa nas localidades de Celanova e Allariz e en anos sucesivoso vai participando en festivais en Valencia, Benicarló, etc.

En 1995 créase o grupo de pandereteiras e un ano máis tarde a entidade acolle o I Encontro de Pandereteiras no que participan diferentes asociacións de Barcelona.

Con motivo do XX aniversario da entidade, o grupo de gaitas e pandereteiras gravou un disco compacto en directo no Teatre Tradicionarius de Barcelona con pezas populares e coñecidas do cancioneiro tradicional galego: muiñeiras, pasodobres, xotas, polcas, etc).

Tamén participaron no Festival Internacional de Folclore Galego, celebrado o 13 de agosto dentro dos actos do IV Día da Galicia Exterior celebrados en Santiago de Compostela.

Cada dos meses publican o boletín “O Pardao”, no que se recollen as actividades que se levan a cabo no período, así como diversos artigos de temática galega.

O seu equipo de fútbol participa en campionatos federados e de afeccionados.

Entre as moitas actividades recreativas e asociativas que levan a cabo destacan:

  • A semana adicada á “Matanza do Porco” que se celebra nun dos parques máis significativos de Rubí, “Can Oriol” e á que acuden autoridades locais, socios e simpatizantes.
  • Aniversario da fundación da entidade.Con motivo da conmemoración do XXV Aniversario da súa fundación, celebrado no ano 2005, a Irmandade fixo unha curtametraxe de carácter cultural e divulgativa chamada “Cosas Meigas” onde se reflicten amplos valores culturais galegos dos que algúns deles están a desaparecer. Contaron coa colaboracuún dun equipo técnico e artístico profesional, así como coa participación de membros da entidade que interviñeron en diferentes áreas (producción, dirección, maquillaxe, vestiario, interpretación, etc.
  • Magosto
  • Día das Letras Galegas
  • Xan Xoán
  • Entroido
  • Festa do Apóstolo, etc